Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Xesintec Asesoría e Formación, S.L. informa que ten varias actividades formativas programadas para realizar nos próximos días na Estrada:

- Operador de Carretillas Elevadoras, Traspaleta Eléctrica e Plataformas Elevadoras (Promoción 3x1)
- Operador de Grúa Hidráulica para Barco e/ou Camión
- Operador de Maquinaria Forestal/Agrícola/Desbroce e Xardinería
A data na que se realizarán os cursos é:
Sábado, 23 de setembro de 2017
Características das actividades formativas:
Os cursos son teórico-prácticos.
Descontos para traballadores desempleados.
As empresas poden bonificar a formación dos traballadores contratados.

Data límite de inscripción: xoves, 21 de setembro de 2017.

Os teléfonos de INFORMACIÓN e RESERVA son os seguintes: 630 12 85 17 - 657 53 00 05 e o noso email de INFORMACIÓN é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More

Formatec Multisectorial convoca CURSO DE XESTIÓN E CONTROL DE APROVISIONAMENTO

- O curso comeza o Luns 18/09/2017 e as entrevistas realizaranse o Xoves 14/09/2017.
- Lugar: Padrón
- Prazas limitadas
- Requisitos:
- Desempregados/as inscritos/as no Servizo Galego de  Emprego.
- Estar en posesión do título de Bacharelato ou titulado

Persoas interesadas en participar chamar aos seguintes teléfonos: 673 689 660 ou 986 097 123

Read More

O curso a que fai referencia este anuncio está financiado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Centro ofertante: FORMA-TEC MULTISECTORIAL S.L.N.E.
Inicio Inmediato
Nº de Prazas:  limitadas
Denominación do curso: MATRICERIA
Perfil dos alumnos:Desempregados inscritos no Servicio Galego de Emprego
Requisitos mínimos de acceso: ESO OU GRADUADO ESCOLAR
Data da proba de selección: 12/09/2017
Lugar de realización: Nas instalacions do centro de formación
Localidade: PADRÓN / VALGA

Interesados /as poñerse en contacto no teléfono: 673 689 660 ou 986 09 71 23
Chamar luns e martes

Read More

O IGAPE organiza a VII Edición da Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 2 e 3 de outubro.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional.

Incluirá dúas actividades diferenciadas ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.
Xornada Inaugural. Luns 2 outubro de 9.30 a 16.00.
Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.
Prazas limitadas.
Inscrición gratuíta http://www.igape.es/gl/xornadas?id=81
Programa (por pechar)

Encontros B2B Canal Contract. Luns 2 outubro de 16 a 18.30 horas e Martes 3 outubro de 10 a 14.30.
Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionales/industria galega e prescriptores internacionais do Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional. As reunións terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes.
Prazas limitadas.
Inscrición gratuíta http://www.igape.es/gl/xornadas?id=81
Para máis información. José Pereira: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 981541191

TALLER CONTRACT MÉXICO (21 setembro)
Por outra banda, o Igape organiza o Taller Contract México como actividade dirixida únicamente as empresas galegas que traballen o canle Contract, que teñan presenza en México o estean a facer negocios neste país/área de influencia ou dispoñan dun plan operativo/estratéxico para México. O obxetivo é compartir experiencias e preparar e pulsar o interese de participación nunha Xornada Contract que tería lugar en Cidade de México a terceira semana de novembro do 2017.
Actividade moderada por David Cámara Navarro (10 anos de experiencia en México) e Juan Feijoo (Area Internacional Igape).
Lugar: Igape, Santiago de Compostela, 21 de setembro 2017.
Horario: 10:30 a 13.30
Inscrición gratuita: enviar mail a José Pereira Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 981541191

Read More

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17.
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio estará dotado con 750 €, con cargo á partida orzamentaria 10.50.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2017, cunha dotación global de 15.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 21 de agosto de 2017 e rematará o día 20 de setembro de 2017.

Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170807/AnuncioG0164-260717-0001_gl.pdf

Read More

O Concello da Estrada a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio convoca CURSO DE ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR.

A formación dirixida a persoas desempregadas e empadroadas no Concello da Estrada forma parte do plan municipal de formación propia do noso Concello, e a súa realización supedítase a que foi unha das accións formativas máis demandadas polas persoas que achegaron suxerencias ao chamamento do departamento de emprego para ligar a nosa formación á demanda formativa dos propios veciños e veciñas para facilitar a súa inserción laboral.

A formación é un dos pilares básicos das políticas activas de emprego impulsadas polo Concello da Estrada, incrementandose considerablemente a partida destinada á promoción económica nos orzamantos do ano 2017.

Esta formación dúal capacita para o exercizo das profesións de acompañante de transporte e comedor escolares.

A formación será impartida pola consultora Sinerxia de maneira presencial, terá unha duración de 16 horas a desenvolver en catro sesións. As datas de celebración previstas son a principios do mes de setembro.

A formación estará subvencionada en máis do 50% pola Concellería de Promoción Económica, tendo un custo por alumno de 30 euros.

O número de alumnos para esta primeira edición será de 20.

As persoas interesadas en participar deben preinscribirse enviando os seus datos persoais e un teléfono de contacto a través dos enderezos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Para recibir máis información deben poñerse encontacto co departamento de emprego da Fundación Cultural no 986 570 997.