MoBAE, proxecto de colaboración transfronteiriza entre España e Portugal no que participa como socia a Xunta, a través do Igape, organiza os días 3, 4 e 5 de novembro unhas xornadas de formación en liña co obxectivo de dar a coñecer os últimos avances en mobilidade avanzada e as perspectivas futuras deste mercado na Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.
As xornadas contarán coa participación de representantes dalgunhas das principais empresas de automoción da zona, responsables de centros tecnolóxicos que traballan no ámbito da mobilidade e iniciativas de emprendemento existentes nesta eurorrexión.
O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 30 de outubro.
Cando: Luns 26 de outubro de 2020 de 18 a 19 horas
Cando: Martes 27 de outubro de 2020 de 12 a 13 horas
Cando: Martes 27 de outubro de 2020 de 19 a 20 horas
Cando: Mércores 28 de outubro de 2020 de 19 a 20 horas
Cando: Xoves 29 de outubro de 2020 de 12 a 13 horas
Cando: Xoves 29 de outubro de 2020 de 19 a 20 horas
Cando: Venres 30 de outubro de 2020 de 12 a 13 horas
Organiza APE Galicia (Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia), a través de Eusumo, a rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia.
Obxectivos:
• Interpretar a información económico-financeira elaborada por unha cooperativa.
• Coñecer os criterios de rexistro contable que afectan á cooperativa.
• Coñecer e avaliar as fontes de financiación utilizadas pola cooperativa.
Temario:
• Réxime Xurídico das Cooperativas.
• Análise Económico-Financeiro.
• Fiscalidade de Empresas Cooperativas.
• Contabilidade de Cooperativas.
• Fontes de financiación de Cooperativas.
Dirixido a: prioritariamente mulleres que traballen ou colaboren con entidades de economía social e solidaria. Público en xeral interesado.
Datas: do 26 de outubro ata 11 de novembro.
Duración: 40 h (35h en liña e 5h presenciais).
Formulario de inscrición: https://lnkd.in/dABHUhj
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / 981 558 374 / http://www.apegalicia.gal/
Xa está dispoñible no noso Portal de Emprego a información actualizada das 11 entidades de formación beneficiarias do programa piloto Sénior Dixital!
Estas empresas ofrecerán, a 530 persoas, cursos de formación cunha duración de 70 horas, nos que abordarán competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral, así como competencias brandas (motivación, organización, traballo en equipo, creatividade...).
Os cursos desenvolveranse a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva.
Requisitos das persoas participantes na formación:
Figurar inscrita como demandante de emprego non ocupada.
Acreditar un período de inscrición como persoa desempregada de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores ao inicio da actividade formativa.
Ter feitos os 45 anos.
Se reúnes os anteriores requisitos e tes interese en participar neste programa, aquí dispós da información de contacto das 11 entidades beneficiarias para formalizar a túa inscrición:
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=506
Non o dubides! A formación está a piques de comezar!