Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

O Concello da Estrada a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio convoca CURSO DE ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR.

A formación dirixida a persoas desempregadas e empadroadas no Concello da Estrada forma parte do plan municipal de formación propia do noso Concello, e a súa realización supedítase a que foi unha das accións formativas máis demandadas polas persoas que achegaron suxerencias ao chamamento do departamento de emprego para ligar a nosa formación á demanda formativa dos propios veciños e veciñas para facilitar a súa inserción laboral.

A formación é un dos pilares básicos das políticas activas de emprego impulsadas polo Concello da Estrada, incrementandose considerablemente a partida destinada á promoción económica nos orzamantos do ano 2017.

Esta formación dúal capacita para o exercizo das profesións de acompañante de transporte e comedor escolares.

A formación será impartida pola consultora Sinerxia de maneira presencial, terá unha duración de 16 horas a desenvolver en catro sesións. As datas de celebración previstas son a principios do mes de setembro.

A formación estará subvencionada en máis do 50% pola Concellería de Promoción Económica, tendo un custo por alumno de 30 euros.

O número de alumnos para esta primeira edición será de 20.

As persoas interesadas en participar deben preinscribirse enviando os seus datos persoais e un teléfono de contacto a través dos enderezos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Para recibir máis información deben poñerse encontacto co departamento de emprego da Fundación Cultural no 986 570 997.

Read More

O IGAPE, en colaboración co ICEX, organiza o curso en liña: “O Comercio Internacional: Transporte Marítimo e Operativa Portuaria, 3ª Edición”. Ten entre outros obxectivos os de:

Facilitar coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.

Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.

Familiarizar co novo código aduaneiro e as súas implicacións.

Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.

As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, sobre todo para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais e dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade como funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

A exportación soe estudarse desde unha perspectiva porta a porta. Este novedoso curso faino tomando como punto de partida o porto. Nos contratos de exportación de mercadorías o porto é o punto onde conflúen máis custos e máis riscos para as partes implicadas na venda internacional, cos conseguintes efectos xurídicos e económicos para elas.

Destinatarios da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.

Datas celebración do curso: 2 de outubro a 10 de decembro de 2017, cunha duración de 120 h.

Prazas limitadas. O prazo de inscrición está aberto ata completar as prazas dispoñibles.

Información e preinscripción: 

http://www.icex-ceco.es/portal/index.php?ficha_curso/el_comercio_internacional_transporte_maritimo_y_operativa_portuaria_3_ed/NjI2MA987987/home

Read More

Axencia Turismo de Galicia

Convocatoria de bolsas para realizar estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia para o curso 2017/18.
Estas bases teñen por obxecto o establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2017/18.

As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

Prazo de solicitude: 1 mes ( ata o 3 de agosto)

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170703/AnuncioG0256-210617-0001_gl.pdf

Read More

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
c) Non poderán obter un premio fin de carreira aqueles/as alumnos/as que xa obtiveron un en anteriores convocatorias.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Prazo de solicitude: 1 mes ( ata o 3 de agosto)

Orde; https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170703/AnuncioG0164-220617-0002_gl.pdf

Read More

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios:
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Número de prazas: 180.

Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: do 4 de setembro ao 26 de novembro de 2017.

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal), ata as 14.00 horas do 21 de xuño.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170614/AnuncioG0177-070617-0001_gl.pdf

Read More

O Concello da Estrada a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio convoca unha nova edición do CURSO DE CARRETILLA.

Este curso é un dos máis demandandos polas persoas que participaron na solicitude de oferta formativa propia formulada por esta administración.

Estar en posesión desta certificación é na actualidade requisito imprescincible para pasar a formar parte da plantilla das grandes empresas do sector industrial da nosa contorna.

Desde esta concellería, temos moi en conta para ofertar formación, o perfíl das persoas desempregadas do noso municipio, na precura de facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

Para participar no curso é requisito imprescindible estar desempregado e empadroado no noso municipio.

O prezo total por alumno é de 157,63 €, dos cales o Concello da Estrada subvenciona o 50 %, sendo a cantidade a aboar por cada participante de 79 €.

A capacidade desta nova convocatoria é de 12 alumnos.

Data de celebración: Mércores 14-06-2017 (Práctica)

As persoas interesadas deben facérnolo constar enviando os seus datos persoais e número de teléfono aos enderezos electrónicos: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ( sinalando no encabezamento da mensaxe CURSO DE CARRETILLA) ou chamando ao 986 570 030 (ext. 4326) ou ao 986 570 997 (ext 4605).