Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
Resolución do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a celebración da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, no ámbito de xestión do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O período de inscrición para a proba de xullo estará comprendido entre os días 27 de maio e 15 de xuño de 2020, ambos inclusive.
Á súa vez, para a proba de setembro estará comprendido entre o día 27 de xullo e o 17 de agosto de 2020, ambos inclusive.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/29/pdfs/BOE-A-2020-5440.pdf

Read More

Desexas acadar o estándar internacional que acredita aos/ás profesionais do ámbito da transferencia de coñecemento e a tecnoloxía? A Axencia Galega de Innovación, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Transferencia de tecnoloxía: valoración e negociación”, dentro do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia permite obter a certificación emitida pola ATTP, o estándar internacional que acredita a competencia e a experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e a tecnoloxía.

➡️ Como? Trátase dunha formación online baseada en accións formativas e mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido.
➡️ Cando? O curso celebrarse desde o día 8 ata o 12 de xuño

Inscricións: ata o día 1 de xuño ás 20:00. Formulario de inscrición aquí

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa #Ignicia – Transferencia de Coñecemento.

Consulta máis información ou dúbidas en: https://bit.ly/36GCcJC

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 957 000.

Read More

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2020 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Persoas destinatarias
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 1 de setembro ao 22 de novembro de 2020.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

CÓMO INSCRIBIRSE?

Read More

A Xunta pon en marcha o programa formativo online gratuíto de apoio á internacionalización dixital dirixido a autónomos/as e pemes que desexen abordar cambios nas súas estratexias de introdución e consolidación das vendas nos mercados exteriores. Esta iniciativa forma parte do Plan de transformación dixital, que o Goberno galego vén de activar para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a súa adaptación á actual situación derivada do Covid-19.

Mediante oito talleres de orientación práctica e titorías individuais con expertos, esta iniciativa proporcionará ás persoas participantes capacitación neste eido, un servizo personalizado de orientación e o acceso á rede de contactos profesionais do Igape en diferentes países.

A partir do vindeiro 29 de maio e ata o 17 de xullo, todos os venres terán lugar as sesión formativas, de 9 a 11 h e a través da ferramenta de videoconferencia Zoom.

PROGRAMA E INSCRICIÓNS

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More

A Xunta pon en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, USA, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informarán ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecerán claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.

O primeiro dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o mércores 27 de maio, a partir das 10h e estará centrado nas vendas galegas en China. Representantes das compañías galegas Gabadi e Finsa expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada polo Covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX, a Cámara de Comercio da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que avanzarán nas claves que poden definir o comercio co país asiático no actual escenario.

PROGRAMA

INSCRICIÓN

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.