Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Grupo Femxa informa que a formación estatal para o sector comercio que imparten este ano xa está a disposición de calquera persoa traballadora do sector, interesada en realizala.

Son cursos eminentemente prácticos e orientados ao uso de novas tecnoloxías para a dixitalización do sector.

Esta formación está 100% subvencionada polo Servizo Público de Emprego Estatal, polo que non consome créditos de formación das empresas e non supón custo algún para os participantes. Non é formación bonificada!

Os cursos diríxense a persoas traballadoras e autónomos do sector Comercio, coa idea de integrar novos coñecementos profesionais e adquirir novas competencias, coas facilidades da modalidade online.

A formación segue temáticas como márketing dixital, dirección comercial, tenda online, xestión de stocks, facturación e atención ao cliente entre outros.

Ademais, a formación ten as seguintes características:

  • Modalidade online e de curta duración.
  • Dispoñerás de todo o contido didáctico na plataforma do curso e estará accesible as 24 horas do día.
  • Un titor especializado, orientará e dará apoio ao alumno/a durante todo o curso.
  • Diploma de aproveitamento ao finalizar, avalado polo Ministerio de Traballo.

Son máis de 20 cursos online e completamente gratuítos. Esta formación xa se atopa dispoñible, con inscrición aberta e estará dispoñible durante todo o ano.

A inscrición nestes cursos, que se impartirán ao longo do ano, xa se atopa aberta e as prazas asignaranse por orde de chegada das solicitudes.

Os próximos inicios destes cursos terán lugar a partir do 8 de novembro e haberá novas convocatorias ao longo de todo do mes.

As canles para solicitar praza:

Teléfono gratuíto: 900 100 957

Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." target="_blank">Sitio web: https://www.cursosfemxa.es/Cursos-Gratuitos-De-Comercio-1811

 

Read More

Convocan exames compensatorios para a obtención do título de Traductor Intérprete Xurado polo procedemento de recoñecemento de cualificaciones profesionais.

Celebraranse o día 26 de novembro de 2018, na sala
de reunións do terceiro piso do edificio moderno do Palacio de Santa Cruz, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, ás 09:00 horas.

Convócanse exames de interpretación para os seguintes idiomas: alemán, neerlandés e noruegués.

https://www.boe.es/boe/dias/2018/11/01/pdfs/BOE-A-2018-15002.pdf

Read More

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa unha consulta para coñecer a demanda que as infraestruturas colaborativas de apoio industrial teñen entre o tecido produtivo galego. A invitación, aberta a todas as empresas e asociacións empresariais galegas, así como aos demais operadores económicos, ten como obxectivo a posta en marcha dunha liña de axudas que permita impulsar este tipo de centros e instalacións industriais.

Para ofrecer información detallada desta iniciativa, o próximo luns 5 de novembro a partir das 10 h, terá lugar un taller de presentación en Santiago de Compostela, no hotel Puerta del Camino. Ademais de coñecer polo miúdo a quen vai dirixida a convocatoria e que infraestruturas se poden propor, os participantes na xornada disporán de información sobre o programa de actuacións previsto pola Xunta de Galicia para desenvolver este proxecto de apoio industrial.

MÁIS INFORMACIÓN

Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

RESOLUCIÓN DOG

Read More

Este mércores e como cada último mércores do mes, no viveiro de empresas da Estrada desenvolverase o proxecto SmartPeme.

A iniciativa SmartPeme consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia TIC, onde se prestará un servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías.

As persoas destinatarias dos servizos do SmartPeme son os/as autónomos/as e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros) da provincia de Pontevedra.

Este colectivo engloba a máis de 64.000 pequenas empresas e constitúe máis do 92% do tecido empresarial da provincia

Podes achegarte ás nosas instalacións para recibir asesoramento gratuíto e personalizado sobre a implantación das novas tecnoloxías no teu negocioe/ou para resolver calquera dúbida en relación a esta materia.

Desde Emprego A Estrada queremos destacar que para beneficiarte deste servizo non é preciso que sexas da Estrada. 

Alén disto este mércores levarese a cabo a formación: COMERCIALIZA OS TEUS SERVIZOS A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Se desexas participar nesta formación (totalmente gratuíta) podes inscribirte a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao 886 202 020 se o desexas tamén o podes facer directamente a través do departamento de emprego do Concello da Estrada: chámanos ao 986 677 740 ou contactános a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tes toda a información sobre as accións formativas do proxecto en www.spartpeme.depo.es 

Read More

DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

COBERTURA
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito da actividade.
- Acompañamento por equipo técnico.
Será por conta do mozo/a participante o desprazamento desde o seu domicilio ata o albergue xuvenil de Gandarío.

PRAZAS: 30 prazas
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 25 de outubro ao 5 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN: Mediante envío de formulario electrónico.
ADMISIÓN: Será por rigorosa orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas.

PREME AQUÍ

Read More

Informar ás empresas do impacto que sobre as persoas teñen as novas tecnoloxías no contexto da Industria 4.0 é o obxectivo das xornadas que organizan a Xunta de Galicia, a través do Igape, e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), como parte do programa Capacita Directivos, e en colaboración co Círculo Financeiro de Galicia.

Os encontros desenvolveranse o martes 30 de outubro, a partir das 9 h, en Vigo, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (avenida García Barbón 62), e o mércores 31 de outubro, tamén a partir das 9 h, na Coruña, no Club Financeiro Atlántico (avenida Salvador de Madariaga 76).

As xornadas incluirán relatorios e paneis de expertos nos que se dará conta de experiencias sobre o traballo colaborativo entre persoas e máquinas. Ademais, os participantes poderán dispor de información sobre o programa estatal de axudas Activa Industria 4.0.

INSCRICIÓN