Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-180119-0001_gl.pdf

Read More
DONAFORMIGUINHA ORGANIZA TALLER DE ORIGAMI

Obxecto: Crearemos unha lámpada dun papel especial resistente á calor e ao pasou do tempo. 

O prezo do taller son 33€ incluíndo os materiais.

As prazas son limitadas.

Día: mércores 6 de febreiro ás 18.30 horas.

Lugar: No local de Doa Formiguinha na R/Don Nicolás 12 b A Estrada

Inscríbete: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2019.

Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso
1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190125/AnuncioG0534-100119-0001_gl.pdf

Read More

Resolución do 17 de xaneiro de 2019, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca no ano 2019 a proba para a obtención do título de Bacharel para persoas maiores de vinte anos no ámbito de xestión do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Requisitos para acceder á proba.
Poderán acceder a esta proba as persoas maiores de vinte anos, ou que cumpran esta idade no ano natural no que se realiza a proba, que non estean a cursar ensinos de bacharelato en ningunha das súas modalidades, xa sexa en réxime ordinario, presencial quenda nocturna ou a distancia e que non posúan o título de Bacharel e que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:

a) Ter a nacionalidade española e residir en territorio nacional.
b) Non ter a nacionalidade española e residir en territorio nacional.
c) Ter a nacionalidade española e residir temporal ou habitualmente no estranxeiro.
d) Non ter a nacionalidade española, residir no estranxeiro e cursar previamente ensinos regrados do sistema educativo español.

Calendario.
1. Nesta convocatoria, as probas terán lugar os días 6 e 7 de marzo de 2019.
2. O prazo de matriculación finalizará o día 7 de febreiro de 2019.

https://www.boe.es/boe/dias/2019/01/24/pdfs/BOE-A-2019-833.pdf

Read More

O taller terá unha duración  total de 30 horas teórico- prácticas.

Desenvolverase na Estrada previsiblemente entre o 4 e o 26 de marzo.

Todas as persoas participantes beneficiaranse dunha bolsa diaria de 10 euros por día.

O requisito para poder facelo é contar co certificado de discapacidade e estar en desemprego.

O lugar de residencia é indiferente.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando os seus datos ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando aos 981 554 483 - 687 936 858

Tamén se poden inscribir no enderezo electronico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 677 740.

Read More

O curso terá un total de 25 horas teórico- prácticas.

Desenvolverase na Estrada previsiblemente entre o 4 e o 26 de marzo.

O requisito para poder facelo é contar co certificado de discapacidade e estar en desemprego.

Todas as persoas participantes beneficaranse dunha bolsa diaria de 10 euros por día.

O lugar de residencia é indiferente.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando os seus datos ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando aos 981 554 483 - 687 936 858

Tamén se poden inscribir no enderezo electronico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 677 740.