Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

A Universidad de Santiago de Compostela convídate ao segundo Aquae Talent Hub en Galicia.

Día: 8 de novembro
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Horario: de 10:00 a 14:00 h.


Non te perdas a Santiago Roncagliolo, experto en innovación solidaria e a Irene Lapuente, Fundadora de Mandarina de Newton, que transmitirán os seus coñecementos sobre procesos creativos e innovación colectiva.

Prazas limitadas!!

Inscrición: http://bit.ly/2io4oIg 

Toda a información en https://lnkd.in/dKnDs3Y

Read More

Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo multidisciplinar de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas, dificultades e sobre o tipo de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados. Ademais traballa na busqueda da implicación, de maneira activa, da Administración e profesionais (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demais profesionais vinculados) para asegurar o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.

Esta edición, que volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade, ten como finalidade:

· Informar e sensibilizar os profesionais de diferentes campos da necesidade de non limitarnos ó tratamento dos problemas de saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, senón anticiparnos os mesmos.

· Promover un foro de reflexión e debate sobre a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con alteracións da saúde mental.

· Dar a coñecer ós profesionais de diferentes campos metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: Apoio Activo (AA), Apoio Condutual Positivo (ACP) e Programación Centrada na Persoa (PCP).

· Ofrecer os profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre o abordaxe do benestar emocional nas persoas con discapacidade intelectual e nas familias.

· Facilitar ós profesionais estratexias para integrar o sentido do humor no traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

· Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.

Gustaríanos contar coa súa presenza e solicitar a súa colaboración para difundir esta actividade. Con esta finalidade achegámoslle o cartel co programa.

No seguinte enlace podes descargar a documentación para a túa inscrición e o cartel da xornada: Inscrición Seminario da Discapacidade

http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/component/phocadownload/category/469-xi-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental

O prazo para formalizar a inscrición remata o 17 de novembro. AFORO LIMITADO.

Read More

O curso a que fai referencia este anuncio está financiado pola dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral da consellería de Economía, Emprego e Industria.

Centro ofertante: G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L.

Nº de vacantes: 2

Denominación do curso: Promoción turística local e información ao visitante (HOTI0108).

Perfil dos alumnos/as: Persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia. Poderán participar ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas, de conformidade cos artigos 27 e 28 da Orde do 7 de marzo de 2017.
Requisitos míminos de acceso: Os establecidos para os certificados de profesionalidade de nivel 3, entre outros: ter o Bacharelato, ciclo medio ou superior de formación profesional, competencias clave de nivel 3, etc...

Lugar de realización: GDOCE (antigo edificio Forem-CCOO)
Persoas interesadas contactar con: Rosario Debasa Díaz
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Telf. 673 04 57 36

Read More

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza, conxuntamente coa Xunta de Galicia e a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a cuarta edición do evento “O mundo que vén”, que se celebrará o próximo 20 de octubre en Santiago de Compostela, contando coa colaboración do Círculo Financiero de Galicia.

Como actividade central do programa Capacita Directivos impulsado pola Xunta de Galicia conxuntamente con APD, o obxetivo das xornadas “O mundo que vén” é procurar que os directivos das empresas galegas levanten a mirada das ocupacións cotiáns para descubrir as novas tendencias en xestión empresarial e poidan anticipar o xeito en que os cambios por vir afectarán as súas empresas.

Entre os ponentes da IV Edición de “O mundo que vén” estarán Alejandro Alvargonzález, da OTAN; Ignacio García, do Instituto Español de Estudios Estratéxicos; Guillermo Dorronsoro, de Deusto Business School; Jaime Rodríguez, de Blablacar; Luis Martín, do Grupo Barrabés; e Ismael Faro, da IBM.

Aforo limitado. Inscricións a través de www.apd.es 

Programa: http://www.apd.es/ver-evento?id=12901

Read More

O curso ó que fai referencia este anuncio está financiado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

CERTIFICADO PROFESIONAL
 Centro ofertante: FORMA-TEC MULTISECTORIAL S.L.N.E.
 Inicio 09/11/2017
 Nº de Prazas: 15 máis suplentes
Curso: FCOV22 COMUNICACIÓN LINGUA CASTELÁ N2(09/11/17-21/12/17)
 Curso: FCOV023 COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 (08/01/18-29/02/18)
 Curso: FCVXX01 COMUNICACIÓN LINGUA GALEGA N2 (20/02/18-01/03/18)
 Curso: FCOV05 LINGUA EXTRANXEIRA INGLÉS (02/03/18-07/05/18)
 Perfil de los alumnos: Desempregados inscritos no Servizo Galego de Emprego
 Requisitos mínimos de acceso: non se esixen.
 Data da proba de selección 27/10/2017
 Lugar de realización:
P.I. FCO QUINTA.
Localidade: PADRÓN (A Picaraña)

Teléfono: 673 689 660/986 097 123