Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

MINISTERIO DE ENERXÍA, TURISMO E AXENDA DIXITAL

Convoca o programa de formación para o emprego xuvenil na economía dixital.
As presentes bases teñen por obxeto regular a concesión de (i) axudas para actividades formativas e (ii) axudas para a inserción laboral, ambas en materia de TIC e da Economía Dixital, no marco de Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Son dous tipos de axudas:
i) Axudas para actividades formativas.
ii) Axudas para a inserción laboral.

Establécense dous tipos de solicitantes das axudas:

a) Tipo 1: Entidades sen actividade de mercado regular: asociacións ou fundacións que non desenvolvan unha actividade de mercado regular.
b) Tipo 2: Entidades con actividade de mercado regular: calquera tipo de persoa xurídica que desarrolle unha actividade de mercado regular.

Bases: http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/19/pdfs/BOE-A-2017-579.pdf

Read More

Todos sabemos a importancia que na actualidade ten saber falar inglés para acceder a un posto de traballo.

Deixámosvos un interesante artigo no que se detallan diferentes webs nas que podes atopar todos os tips para mellorar o teu "writing" de forma fácil e gratuitamente!!

http://www.aprendemas.com/es/blog/idiomas-y-comunicacion/mejora-tu-writing-con-estas-10-herramientas-online-gratuitas/?utm_source=social&utm_medium=facebook&utm_campaign=contenidos-titulo-mejora-tu-writing-con-estas-10-herramientas-online-gratuitas

Read More

84 actividades gratuitas para aprender inglés online con selo Cambridge.

Learning English permite aprender inglés realizando actividades clasificadas en función do nivel, o tempo de estudio e as habilidades que se queiran perfeccionar.

As actividades presentan diferentes graos de dificultade en función dos niveis A1-A2, B1-B2 e C1-C2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Línguas.

Cada unha das propostas está diseñada para desarrollar unha habilidade do idioma, a elexir entre pronunciación, gramática e vocabulario, ademáis de comprensión e expresión tanto escrita como oral.

Comeza a aprender inglés premendo aquí: http://www.cambridgeenglish.org/learning-english/

Read More
A XUNTA DE GALICIA DISTRIBUIRÁ GRATIS OS TEMARIOS DAS SÚAS OPOSICIÓNS.
 
Os temarios para a preparación das oposicións a diferentes prazas convocadas pola Xunta de Galicia e as súas Consellerías, serán distribuídos pola Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) a través da súa web, en galego e castelán, e de forma gratuita.
 
Podes consultar os mesmos no seguinte enlace web: http://egap.xunta.es/
 
Así mesmo, se tes algunha dúbida co temario que precisas, podes poñerte en contacto coa EGAP a través do seu teléfono:
981 54 60 40