Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2018 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Número de prazas: 180.

Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: do 19 de febreiro ao 25 de maio de 2018.

Solicitudes de participación

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal), ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Orde da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180122/AnuncioG0177-120118-0004_gl.pdf

Read More

O 7 de febreiro ás 10:00h, terá lugar na fundación ABANCA (Praza Cervantes) en Santiago de Compostela, a presentación do Plan de Emprego de Cruz Vermella Santiago e os resultados do ano 2017.

Contarán con:
- A experiencia e visión de 6 empresas que participan no Plan de Emprego e que representan cada sector co que traballan.
- 6 participante  darán a coñecer a súa experiencia en Cruz Vermella.
- Recollerán os currículos das persoas interesadas en participar nos proxectos da Cruz Vermella.

Máis información: 981 586 969 ou a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Read More

Convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nas seguintes
cualificacións profesionais:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2):435 prazas.
• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas.
• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 224 prazas.
• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas.
• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas.
• Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.( SEA 595_2 ): 100 prazas.
• Confección e mantemento de artes e aparellos ( MAP005_2): 50 prazas.

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total
nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán
acreditarse as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego,
conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que
solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas
unidades de competencia que solicita.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171227/AnuncioG0424-191217-0003_gl.pdf

Read More

O curso inclúe a formación: PREVENCIÓN BÁSICA DE RISCOS LABORAIS EN CONSTRUCIÓN, 60 HORAS (dende o 26 decembro 2017 ao 12 xaneiro 2018)

Impartido por FUNDACIÓN LABORAL CONSTRUCCIÓN

Lugar de impartición curso: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Duración curso: Dende o 26/12/2017 ao 13/06/2018

Ofrecen: Bolsas transporte ou kilometraxe

Perfil dos alumnos/as: Persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Poderán participar ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas, de conformidade cos artigos 27 e 28 da Orde do 7 de marzo de 2017

Requisitos Mínimos de Acceso:
Acreditar algún dos requisitos establecidos para un certificado de profesionalidade (CP) Nivel 2: ESO, FP 1, FPGrao Medio (GM), Competencias Clave nivel 2 ou un Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área, cumprir requisitos acceso a ciclo Grao Medio

OS INTERESADOS/AS CHAMAR Á FUNDACIÓN LABORAL CONSTRUCIÓN:

Contacto: Rosa María Calvo Neira
Dpto. de Formación
Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (Zona O Romaño). 15705.
Santiago de Compostela (A Coruña) | Tel. 981 983 536

Read More


As características máis destacables dos cursos son:

· Dirixidos a persoas menores de 30 anos, desempregadas, inscritas no servizo público de emprego e rexistradas no sistema de garantía xuvenil.

· Variada oferta formativa en diferentes sectores.

· Prácticas en empresas.

· Obtención de certificado de profesionalidade.

Os cursos terán lugar nos diferentes concellos de Galicia, e deben ser solicitados nas oficinas de emprego.

O prazo de solicitude que é ata o 26 de decembro.

Para as dúbidas que vos xurdan ou máis información podedes poñervos en contacto coa Subdirección Xeral del Promoción Laboral (Servizos Centrais) ou cos Servizos de Orientación e Promoción Laboral das diferentes Xefaturas Territoriais nos seguintes teléfonos:

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

Teléfono: 981545644 / 981957881 Fax: 981544604

SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DA CORUÑA

Teléfono: 881881566 / 881881558 Fax: 881881576

SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE VIGO

Teléfono: 986817064 / 986817087 Fax: 986817621

SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE OURENSE

Teléfono: 988386105 / 988386225 Fax: 988386829

SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE LUGO

Teléfono: 982294263 / 982294284 Fax: 982294282

Enlace ao catálogo da oferta formativa desgrosado por provincias e concellos:

http://www.eusumo.gal/sites/default/files/Emprego_cursos_formacion_menores_30_anos_FINAL_II.pdf