Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta
ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2017/18.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Orde da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180208/AnuncioG0164-310118-0001_gl.pdf

Read More

Dirixido a persoas desempregadas inscritas no Servizo Galego de Emprego.

Requisitos:

- Non reunir os requisitos establecidos para o acceso aos certificados do Nivel 2.

- Non haber superado con anterioridade a competencia clave de matemáticas.

Lugar: A Picaraña - Padrón

Información e contacto: 673 689 660 ou 986 097 123

Imparte: FORMATEC MULTISECTORIAL

 

Read More
“DEPOINTEGRA XOVEN” AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINADAS Á INTEGRACIÓN DE PERSOAS NOVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO MERCADO DE TRABALLO

A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa “Depointegra xoven”, dentro das axudas do Fondo Social Europeo destinadas á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Persoas beneficiarias: 405 persoas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.
Cando: Os itinerarios vanse levar a cabo durante o ano 2018.
Onde:
- Pontevedra
- Vigo
- Deza
- O Morrazo
- O Baixo Miño
- O Salnés
- Caldas
Máis información: 
Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Teléfono: 986 804 100, extensións 40708 e 40851

Read More

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0001_gl.pdf

Read More

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.

Modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.

Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo

A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0002_gl.pdf

Read More

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2018 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Número de prazas: 180.

Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: do 19 de febreiro ao 25 de maio de 2018.

Solicitudes de participación

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal), ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Orde da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180122/AnuncioG0177-120118-0004_gl.pdf