Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

Organizado por Asime Galicia e Red.es

Lugar: Ferrol, do 26 de febreiro ao 17 de abril.

Totalmente gratuito

Requisitos. Persoas inscritas no programa de Garantía Xuvenil, menores de 30 anos.

Duración: 240 horas

Máis info: http://www.asimered.es/cursos/programa-superior-en-industria-4-0-3/

Read More

O vindeiro 27 de febreiro, o centro de A Banca en Santiago de Compostela, acollerá a presentación da “Guía xurídica en lectura fácil. Titor e tutelado. Dereitos e obrigas” editada por FADEMGA Plena inclusión Galicia. A Guía convértese así nun importantísimo instrumento de información xurídica accesible para as persoas con discapacidade intelectual e familias.

Nesta publicación abórdanse diferentes asuntos de interese para o noso colectivo, como son a tutela, a modificación xudicial da capacidade de obrar, o dereito ao voto, o dereito á imaxe, o internamento involuntario, a responsabilidade civil e penal, etc.

En palabras do presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, “xa pasaron máis de 10 anos dende que publicamos a primeira guía xurídica, e moitas cousas cambiaron. Sen dúbida, a máis importante foi a publicación por parte das Nacións Unidas da “Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade Intelectual” que incide na obriga de que todas as persoas con discapacidade gocen dos seus dereitos e liberdades fundamentais como cidadáns de pleno dereito que son”.

A presentación da Guía Xurídica terá lugar o 27 de febreiro no Centro de A Banca (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela) e no acto participarán persoas con discapacidade intelectual que contarán en primeira persoa as súas experiencias en materia de reivindicación de dereitos, como a loita por recuperar o dereito ao voto, a capacidade de obrar ou a adaptación de sentenzas a lectura fácil para facilitar a súa comprensión.

A xornada de presentación será de balde, e aqueles interesados en asistir deberán remitir a ficha de inscrición á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prazo para a inscrición rematará o 20 de febreiro.

:: Programa da Xornada

16:30-17:00 horas. Recepción.

17.00-17.30 horas. Inauguración.

17:30-18:00 horas. Presentación da Guía Xurídica en lectura fácil.

18:00-18:30 horas. Pausa café.

18:30-19:30 horas. Experiencias de persoas con discapacidade intelectual.

- O dereito a voto.

- A capacidade de obrar.

- Adaptación de sentenzas: o caso pioneiro de Asturias.

19:30 horas. Clausura

FOLLA DE INSCRICIÓN

 

Read More

Resolución de 5 de febrero de 2018, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convoca no ano 2018 a proba para a obtención do título de Bacharaleto para persoas maiores de vinte anos no ámbito de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Nesta convocatoria, as probas terán lugar os días 11 e 12 de abril de 2018.

O prazo de matriculación finalizará o día 9 de marzo de 2018.

Resolución da convocatoria: https://www.boe.es/boe/dias/2018/02/15/pdfs/BOE-A-2018-2106.pdf

Read More

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior (procedemento ED311B) correspondentes ao curso 2016/17 para o alumnado que realizou estes estudos e que os rematou no ano 2017.

Persoas beneficiarias
Alumnado que teña cursados estudos de formación profesional de grao superior en 2016/17 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematados no 2017, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

23 premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 19.550 €, que non poderán exceder 850 € por premio.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180215/AnuncioG0164-080218-0005_gl.pdf

Read More

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018.

Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.

Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180215/AnuncioG0164-080218-0007_gl.pdf

Read More

SICUE é un programa de mobilidade nacional que permite que un estudante universitario realice parte dos estudos nunha universidade española distinta á súa, con garantías de recoñecemento académico, aproveitamento e adecuación ao seu perfil curricular.

O Programa SICUE é un sistema de intercambio, non unha bolsa. Acostumaba a  estar apoiado po las bolsas SENECA do Ministerio de Educación, Cultura e  Deporte, pero desde o curso 2013-2014 non foron convocadas polo Ministerio.

O prazo  para que os estudantes poidan presentar a súa solicitude correspondente ao curso 2017-2018 comeza o 13 de febreiro e finaliza o 13 de marzo de 2018.

Os estudantes presentan as suas solicitudes na súa universidade de orixe, a través do sistema informático correspondente, de facelo, ou presentando o  formulario A – Solicitude de mobilidade  académica, dispoñible na web, ou nas  correspondentes oficinas de mbilidade, previa sinatorua da persoa coordinadora.

INFORMACIÓN