Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE
Resolución de 20 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a celebración da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior da formación profesional do sistema educativo, no ámbito de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Período de inscripción e data de realización das probas.
As probas de acceso a Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior celebraranse nunha única convocatoria, no mes de xuño para todo o ámbito de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Asimesmo regulase a convocatoria de probas de acceso a grao medio durante o mes de setembro para os centros de titularidade española en Marruecos.

Para a convocatoria de xuño, o período de inscrición nas probas de acceso para ciclos formativos de grao medio e de grao superior estará comprendido entre o día 24 de abril e o 22 de maio de 2018, ambos inclusive.

– As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio realizaranse o día 22 de xuño de 2018, nas ciudades de Ceuta e Melilla e nos Centros dependentes da Consellería de Educación en Marruecos.

– As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior realizaranse o día 25 de xuño de 2018.

- As probas de acceso aos Ciclos Formativos de grao medio realizaranse o día 19 de setembro de 2018.

Bases: https://www.boe.es/boe/dias/2018/04/04/pdfs/BOE-A-2018-4604.pdf

Read More

Desde SmartPeme queremos convidarche a participar nas sesións de capacitación tecnolóxica para emprendedores, autónomos e pemes que terán lugar durante o mes de abril no punto SmartPeme Lallín de referencia, situado no Viveiro de Empresas, Polígono Lalín 2000, Parcela E, Lalín. (Os sinalados con * impartiranse en A Estrada, no Viveiro de Empresas situado no Novo Mercado).

Recordarche que estamos a túa total disposición para calquera tipo de asesoramento TIC que consideres oportuno e servirche de axuda en todo o posible para así cumprir as expectativas e aumentar o crecemento do teu negocio.

 


Claves para a comercialización online no turismo de interior
Día: Luns 23 de abril
Horario: de 17:00 a 19:00 horas.
Duración: 2 horas
Lugar: Lalín

A túa páxina web con Wordpress II ( Continuación)*
Día: Mércores 25 de abril
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Duración: 2 horas
Lugar: A Estrada


Podes enviarnos confirmación de asistencia:
No enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Chamando ó teléfono 886 20 20 20
Mediante a alta no portal web SmartPeme - www.smartpeme.depo.es  

Read More

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180315/AnuncioG0164-060318-0007_gl.pdf

 

Read More

Desde SmartPeme queremos convidarche a participar nas sesións de capacitación tecnolóxica para emprendedores, autónomos e pemes que terán lugar durante o mes de marzo no punto SmartPeme A Estrada, situado no Viveiro de Empresas, no primeiro andar do edificio do Novo Mercado).

Recordarche que estamos a túa total disposición para calquera tipo de asesoramento TIC que consideres oportuno e servirche de axuda en todo o posible para así cumprir as expectativas e aumentar o crecemento do teu negocio.

Este servizo de asesoramento desenvolverase todos os primeiros e últimos mércores de cada mes. Adaptamos os horarios ás túas necesidades.

FORMACIÓN MES DE MARZO:

A túa páxina web con Wordpress*
Día: Mércores 28 de marzo
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Duración: 2 horas
Lugar: A Estrada


Podes inscribirte no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , chamando ao teléfono 886 20 20 20 ou tamén mediante a alta no portal web SmartPeme - www.smartpeme.depo.es