Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190607/AnuncioG0534-290519-0001_gl.pdf

Read More

Xa temos data de celebración para a formación gratuíta que imos a desenvolver en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.

As mulleres que xa fixestes a preinscrición chamarémosvos ao longo da mañá de hoxe.

Debido a un cambio de aula, ampliamos o aforo polo que se algunha de vós desexa participar só no lo ten que facer saber chamando ao teléfono 986 677 740 ou cunha mensaxe ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Os contido xerais da formación, serán:

-Concepto de transformación dixital  e elementos.
-Competencias de márketing dixital
-Design thinking (Deseño)
-Branding dixital (Elaboración de marca dixital)
-Ferramentas tecnolóxicas de xestión interna e innovación
-Ferramentas de impacto dixital
-Redes sociais para a xestión de publicidade

Taller Extraordinarias: Ferramentas dixitais de emprendemento
Días: Luns 10 e mércores 12 de xuño
Horario: 15:00-18:00 horas

Lugar: Casa da Música nº 94 2º Andar

Read More

EMPRENDER CHANZO A CHANZO, un xeito diferente (práctico e reflexivo) de PENSAR, DESENVOLVER ou REDEFINIR unha idea de negocio.

Con este obxectivo e adoptando un enfoque sostible a Deputación de Pontevedra convoca a xornada  Chanzo A Equilibradora "Crea e desenvolve a túa idea de negocio"

Dirixido a persoas emprendedoras, a estudantado que está a desenvolver -ou acaba de presentar- o seu plan de empresa e a público en xeral que teñan unha idea de negocio e queira testear a súa viabilidade así como o seu perfil emprendedor.

Data e lugar: xoves, 13 de xuño, de 9:30 a 14:30h no Viveiro de Empresas de Lalín (Polígono Empresarial Lalín 2000)

Por outro lado, e dentro do mesmo proxecto tes: Chanzo "Redefine o teu negocio"
Dirixido a profesionais, persoas autónomas, gandeiras/agricultoras ou empresas que queiran "darlle unha pensada" ao seu negocio ou estén barallando xestionar un negocio en funcionamento.

Data e lugar: mércores, 19 de xuño, de 20 a 22h no Viveiro de Empresas de Lalín (Polígono Empresarial Lalín 2000)

Máis información e inscrición: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ,

teléfonos: 686 540 897/ 886 217 360 ou premendo na seguinte ligazón: https://bit.ly/2G3mjQj

Read More

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra abreu o luns 3 de xuño o prazo de inscrición para acceder aos estudos de cantería, un prazo que rematará o 13 de setembro.

As persoas interesadas só teñen que cubrir un formulario dispoñible na páxina web da escola, https://escoladecanteria.depo.gal/preinscripcion. Posteriormente, do 16 ao 27 de setembro, terán que formalizar a matrícula achegando toda a documentación necesaria.

Para acceder aos estudos de cantería é necesario posuír o título de graduado escolar ou equivalente. Son tres anos de formación teórica, pero sobre todo práctica, e hai 25 prazas dispoñibles para cada curso. Os ámbitos profesionais futuros ao rematar os estudos céntranse sobre todo na construción, na escultura, na restauración e na rehabilitación.

Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola de Cantería son eminentemente prácticos e supoñen a realización de múltiples obras e traballos durante o tempo de formación. Moitas destas obras, como cruceiros, monólitos, conxuntos escultóricos, bustos, peañas ou construcións arquitectónicas rematan en lugares de toda Galicia, de toda España e tamén do estranxeiro, como en Brasil, México, Arxentina, Panamá ou Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas da escola chegaron a traballar en sitios emblemáticos de todo o mundo, coma na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago, de Westminster en Londres e de construción da Sagrada Familia de Barcelona.

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-de-pontevedra-abre-este-luns-o-prazo-de-inscricion-para-estudar-na-escola-de-canteria

Read More

Modalidad: Presencial

Colectivo al que va dirigido: Público en general
Localidad de impartición: Lalín
Duración: 16 horas 16 h presenciales + 0 h teleformación
Horario: Pendiente confirmar
Comienzo: Inicio Inmediato
Fecha límite de inscripción: 03/06/2019

Contenidos / Módulos- Carreitillas elevadoras: formación teórica 

- Carretillas elevadoras: formación práctica

Precio: GRATUITO.

ContactoTel. 986446300 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

LIGAZÓN