Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

A Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, organiza o vindeiro luns 18 de febreiro ás 9.15 h a xornada Galicia ante o Brexit: Perspectivas, retos e oportunidades para as empresas galegas.

O encontro terá lugar na Cidade da Cultura (salón de convencións, edificio Cinc) en Santiago de Compostela e contará coa participación de representantes do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e do ICEX, da embaixada do Reino Unido en España e da Comisión Europea.

Ao longo da xornada, que ten como obxectivo axudar ás pemes galegas a afrontar a saída do Reino Unido da Unión Europea, darase a coñecer o informe A empresa española e galega ante o Brexit. Como prepararse. Ademais, debaterase sobre o estado actual das negociacións, así como das consecuencias da proposta de acordo transitorio en sectores estratéxicos e o seu impacto na economía galega.

PROGRAMA E INSCRICIÓNS

Read More

Dende este mes de febreiro e ata maio vanse desenvolver 7 actividades formativas, nas que poden participar un cento de persoas

Este martes comeza a terceira edición dos obradoiros do espazo “Depo FabLab”, o laboratorio de fabricación dixital que a Deputación de Pontevedra impulsa no espazo de coworking do polígono de Barro. Baixo o título “A que nivel se atopa a tecnoloxía e que ferramentas hai para crear”, un total de 15 persoas participarán desde mañá, de 16:30 a 19:30 horas, no curso sobre as últimas tecnoloxías creativas.

O segundo dos obradoiros terá lugar o 19 de febreiro sobre “Deseño 3D con ferramentas libres e impresión 3D I”; o 12 de marzo terá continuación con “Deseño 3D con ferramentas libres e impresión 3D II”; “Deseño 3D con ferramentas libres e impresión 3D III” desenvolverase o 26 de marzo; o 23 de abril terá lugar o obradoiro de “Arduino con ferramentas libres I”; “Arduino con ferramentas libres II” será o 30 de abril; e o ciclo pecharase o 7 de maio con “Arduino con ferramentas libres III”.

Todos os obradoiros se desenvolven polas tardes, e teñen capacidade para un máximo de 15 persoas, xa que son os espazos de traballo dispoñibles no Fab Lab. O acceso é libre e soamente require inscrición previa. Aínda hai prazas dispoñibles para as persoas que queiran anotarse e poden inscribirse na páxina web da Deputación, a través do enlace www.depo.gal/coworking-en-pont…/obradoiros-fab-lab-3-edicion, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O espazo “Depo FabLab” busca converterse nun punto de referencia na provincia de Pontevedra para as persoas emprendedoras, buscando atraer proxectos de corte innovador e tecnolóxico. É un espazo no que se favorece a aprendizaxe teórica e práctica sobre as últimas ferramentas tecnolóxicas en canto a dixitalización, impresión ou robótica. Para dar cabida ás últimas tecnoloxías, o FabLab conta con impresoras 3D, escáneres 3D, kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material electrónica diverso, utillaxe e ordenadores de sobremesa con gran capacidade de procesamento e almacenamento. Ademais, para poder levar a cabo labores experimentais no eido da electrónica e programación, dispón tamén dun gran número de circuítos integrados (Shield) que permiten conectividade wi-fi, Bluetooth, GPS, 3G, NFIC e de sensores de son, temperatura, cor, distancia, presión e humidade.

ENLACE WEB

Read More

MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DE MEGAFONÍA, SONORIZACIÓN DE LOCAIS E CIRCUÍTO PECHADO DE TELEVISIÓN

ELES0109 (Nivel 2)
Inicio en marzo

TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE
MAMD0209 (Nivel 1)
Inicio en abril

Se vostede ten interese en incribirse nalgún deles pode facelo na oficina de emprego da Estrada.
Teléfono oficina: 886159334

Read More

A Xunta organiza unha xornada de presentación do programa Reforma Tur 2019 e as axudas para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos, incluídos no Plan MAT, de Mellora de Aloxamentos Turísticos, aprobado recentemente. O acto terá lugar o vindeiro mércores 13 de febreiro, ás 12.30 h, en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura (auditorio 1, edificio Cinc).

Representantes das Consellerías de Cultura e Turismo e da de Economía, Emprego e Industria darán a coñecer ambos programas, que teñen como obxectivo incentivar a creación de novos establecementos, mellorar os xa existentes e apoiar as iniciativas do sector con instrumentos financieiros.

As entidades colaboradoras interesadas no Reforma Tur 19 poden adherirse ao programa ata o 28 de marzo. O prazo para a presentación de solicitudes polos locais hoteleiros abrirase o 28 de febreiro.

PROGRAMA E INSCRICIÓNS

RESOLUCIÓN DOG REFORMA TUR

RESOLUCIÓN DOG AXUDAS

Read More

Trátase de cursos online, totalmente gratuítos, polo que o/a alumno/a poderá acceder comodamente sen limitacións horarias nin desprazamentos.

Son máis de 20 cursos online de distintas temáticas co obxectivo de adquirir competencias en novas tecnoloxías, dirección comercial, negociación con provedores, márketing, etc.

Son cursos eminentemente prácticos, ademais, a formación ten as seguintes características:

  • Modalidade online e de curta duración.
  • Dispoñerás de todo o contido didáctico na plataforma do curso e estará accesible as 24 horas do día.
  • Un titor especializado, orientará e dará apoio ao alumno/a durante todo o curso.
  • Diploma de aproveitamento ao finalizar, coa especialidade do SEPE.

Os inicios dos cursos programados teñen inicio durante o mes de febreiro e o prazo de inscrición xa está aberto.

Para as persoas interesadas, poden solicitar máis información e solicitar a súa praza nas seguintes canles:

  • Teléfono gratuíto: 900 100 957
  • Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web:  http://www.cursosfemxa.es/cursos-gratuitos-para-comercio-1902
Read More

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 23 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2019.

Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

ORDE