Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

¿Queres que falemos?

 
 
PRINCIPAIS BENEFICIOS PARA AS EMPRESAS / EMPRENDEDORES:
 
O Viveiro de Empresas do Novo Mercado está concebido para empresas do sector servizos e profesionais liberais que non precisen dunha estrutura física moi ampla e que baseen a súa actividade principalmente a través da utilización de servizos telemáticos. Entre a variedade de
colectivos empresariais e profesionais que máis rendabilidade poderían obter coa súa instalación no Viveiro de Empresas atópanse os seguintes:
 
• Avogados / bufetes de avogados.
• Arquitectos / estudos de arquitectura.
• Enxeñeiros / estudos de enxeñeiría.
• Consultores / consultoras.
• Xestores / xestoras.
• Comerciais e comercio electrónico (e-commerce).
• Inmobiliarias.
• Fotógrafos.
• Deseñadores gráficos e ilustradores / estudos de deseño.
• Profesionais da comunicación.
• Escritores, guionistas e editores.
• Representantes e promotores artísticos.
• Produtores e xestores culturais.
• Programadores informáticos.
• Outros perfís de profesionais liberais.
 
Estes colectivos profesionais poderán beneficiarse directamente das seguintes vantaxes competitivas que ofrece o Viveiro de Empresas:
 
• Aluger dun espazo de traballo a prezos inferiores aos custos medios do mercado, nunhas instalacións totalmente reformadas, cunha ubicación      céntrica na trama urbana do pobo e moi preto de servizos públicos (Concello, Facenda, Servizo de Emprego, etc.) e empresariais (Asociación      Comarcal de Empresarios, etc.).
 
• Acceso a servizos auxiliares de información, formación e asesoramento.
 
• Convivencia e contacto directo con outros proxectos empresariais tamén aloxados no Viveiro de Empresas, unha circunstancia que adoita xerar   sinerxias, favorecer a aprendizaxe e acelerar o desenvolvemento das empresas.
 
• Posibilidade de utilización puntual doutros espazos con gran atractivo nas dependencias do Novo Mercado, como o espazo aberto multidisciplinar   do segundo andar, para o desenvolvemento puntual da actividade empresarial (sempre coa autorización previa por parte da Administración do    Viveiro de Empresas e cando as devanditas instalacións non estean ocupadas ou interfiran con outro uso público.)