Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Instalación e servizos

A Concellería de Promoción Económica, pretende acompañar aos emprendedores e ás empresas locais con programas de creación de novos negocios, de sensibilización para o autoemprego, de incentivación do espíritu emprendedor, de apoio ao crecemento empresarial, de estratexias de cooperación e de apoio na xestión.
 
 
 
Coa posta en marcha do Viveiro de Empresas do Novo Mercado, brindaránselle aos emprendedores e empresas os seguintes servizos:
 
1.- Infraestrutura e servizos asociados:
 
• Mobiliario para os postos de traballo (mesa, silla, caixoneira e estantería).
• Sala de reunións / Aula formativa (equipadas con mesas, sillas e retroproxector e/ou pantalla).
• Servizo de recepcionista en horario de oficina (opcional, en función dos recursos humanos dispoñibles por parte da Concellería de Promoción Económica e a Fundación Cultural).
• Iluminación.
• Climatización.
• Limpeza e mantemento.
• Equipo de autoreprografía (impresión e fotocopiadora), fax e escáner.
• Liña telefónica.
 
2.- Servizos de información, asesoramento e orientación a emprendedores:
 
Estes servizos poderanse ofrecer a través de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local ou mediante convenios e acordos de colaboración con outras entidades e empresas públicas e/ou privadas:
 
• Asesoramento especializado aos emprendedores (xurídico, técnico e sectorial).
• Búsqueda, xestión e organización de cursos, xornadas e seminarios de formación para os emprendedores do Viveiro de Empresas:
- Cursos de formación ocupacional.
- Cursos de formación continua.
- Cursos de formación especializada.
• Desenvolvemento das accións de marketing previstas neste documento (accións conxuntas e corporativas do propio Viveiro).
• Redacción de estudos, proxectos e informes vencellados ao escenario socioeconómico do Concello da Estrada e á súa posible incidencia no emprendemento.
 
3.- Servizos ás empresas:
 
• Servizo de mediateca (para a consulta diaria dos xornais).
• Información e orientación para o emprego e intermediación laboral.
• Información e asesoramento en materia de axudas, subvencións e recursos públicos destinados á empresa.
• Prospección e detección de novas oportunidades de negocio e desenvolvemento económico.
• Envío periódico de boletíns de información empresarial.