Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 08 Setembro 2020 09:40

CONVOCATORIA DAS BOLSAS FULBRIGHT PARA LECTORES DE ESPAÑOL EN UNIVERSIDADES DE EE.UU

O programa Fulbright Foreign Language Teaching Asistants ( FLTA), o programa de Lectores de Español, ofrece ata un máximo de 11 prazas para lectores de español en universidades estadounidenses para o curso 2021-2022, durante un total de nove meses, sen posibilidade de renovación.

A dotación das bolsas é de 4.000 dólares (uns 3.380 euros), máis a axuda complementaria que ofrece cada universidade para aloxamento e manutención, entre outros conceptos.

O obxectivo destas bolsas é ofrecer ás persoas interesadas a oportunidade de adquirir experiencia no ensino do español, á vez que toma contacto coa cultura estadounidense. Os/as participantes, ademais da súa actividade docente, cursarán materias de carácter universitario e participarán en actividades extracurriculares.

  • Requisitos para acceder ás Bolsas Fulbright para Lectores de español

As bolsas Fulbright para lectores de español diríxense a aquelas persoas de nacionalidade española e que cursasen estudos de titulación superior nas áreas de Educación, Ensino de Idiomas ou Filoloxías e que teñan experiencia laboral ou ben formación acreditada no campo do ensino de idiomas.

As bases da convocatoria establecen que as persoas candidatas que opten a estas prazas tamén deben ter un bo nivel de inglés, que se ten que acreditar co exame TOEFL cun mínimo de 90 ou co IELTS cun mínimo de 6,5.

Outros requisitos son a flexibilidade, capacidade de adaptación e estar disposto a colaborar co departamento da institución á que se incorpore para o ensino do español.

Opcionalmente, tamén se pode ter en conta no proceso de selección as acreditacións pedagóxicas, como o Máster de Formación do Profesorado, o Máster en ELE ou similar.

A comunicación da preselección e a convocatoria para realizar unha entrevista personalizada terá lugar a primeiros de novembro.

  • Preguntas frecuentes das Bolsas Fulbright

Podo solicitar a bolsa cunha titulación de grao universitario de menos de 240 ECTS?

Podes presentar a túa solicitude se acreditas 240 ECTS finalizados nas datas indicadas na convocatoria. Por exemplo, Grao universitario de 4 anos de 240 ECTS ou Grao universitario de 3 anos + Máster universitario por un total de 240 ECTS.

Teño un certificado de Cambridge (“ First”/“ Advanced”/“ Proficiency”). Podo presentalo e evitar ter que examinarme do TOEFL ou do IELTS?

Podes presentar os resultados doutros exames durante o proceso de selección pero, se o comité de selección considera que mereces a bolsa, a concesión definitiva quedará condicionada a que presentes os resultados do TOEFL ou do IELTS coas notas mínimas especificadas na convocatoria.

É imprescindible contar con experiencia profesional?

Non. Se tes formación específica en ensino de idiomas ou en educación non é necesario que teñas experiencia profesional nestes campos. Si a necesitas se a túa formación académica foi en disciplinas diferentes. As clases particulares non se consideran experiencia profesional válida.

En que idioma debo presentar a solicitude? E o proxecto de estudos?

Debes completar a túa solicitude en español, aínda que o proxecto de estudos debe estar redactado en ambos os idiomas e cumprir coas lonxitudes mínima e máxima especificadas na convocatoria: mínimo 300 palabras e máximo 500 palabras en cada idioma.

Podo solicitar máis dunha bolsa Fulbright para un mesmo curso académico?

Si, sempre que cumpras os requisitos. No caso de que se che conceda máis dunha, terás que elixir a que máis che interese.

Prazo de solicitude: do 7 de setembro ao 15 de outubro de 2020

Bases e información: https://fulbright.es/programas-y-becas/convocatorias/lectores-de-espanol/2021-2022/1667/