Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

AXUDA PARA O PROGRAMA INDUSTRIAS DO FUTURO 4.0

Axencia Galega de Innovación:

Axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e procédese á súa convocatoria para o ano 2016.

Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para conseguir un modelo produtivo innovador.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución.

b) Agrupacións de unha empresa ou empresas, pero sempre do mesmo grupo empresarial, e un organismo de investigación.

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160714/AnuncioG0198-010716-0001_gl.pdf

Prazo: 30 de agosto de 2016