Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 13 Xullo 2016 11:07

¿QUERES PARTICIPAR NO PRÓXIMO PLAN INTEGRADO DE EMPREGO 2016/2017?

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de notificar a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego á Fundación Cultural de A Estrada que comezará o vindeiro mes de setembro ata agosto de 2017, onde se traballará con 60 persoas desempregadas, unha gran parte delas menores de 30 anos sen cualificación, cun compromiso de inserción laboral do 40%.

As persoas interesadas en participar no vindeiro Plan de Emprego que vai levar a cabo a Fundación Cultural de A Estrada teñen que estar inscritos na oficina de emprego da Estrada no epígrafe de “programas experimentais” e logo serán seleccionados a través dunha entrevista persoal ó longo do mes de setembro.

O PIE é un programa para acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada mediante varias accións, entre outras, cabe destacar as seguintes:

a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación específica para o emprego
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.
l) Mobilidade laboral.

Se desexas obter máis información contacta co departamento de emprego da Fundación Cultural no 986 57 09 97