O Banco Central Europeo (BCE) ofrece prácticas para estudantes de economía, finanzas, estatística, administración de empresas, dereito, recursos humanos e tradución, entre outros. Os/as solicitantes deben estar matriculados/as en estudos de posgrao. Moi ocasionalmente, estas oportunidades tamén se ofrecen a estudantes de grao.
Estas prácticas dan aos estudantes a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos que adquiriron para obter unha visión das actividades e operacións do BCE, pero tamén para contribuír, directa ou indirectamente, á misión do mesmo.
As prácticas ofrécense por períodos de 3 a 12 meses. O traballo abarca desde a investigación e a preparación de informes preliminares ata a compilación de datos estatísticos e a participación en estudos ad hoc. Os participantes reciben unha bolsa ao mes dependendo das tarefas e das súas habilidades. Ao longo do ano, ábrense diferentes oportunidades de prácticas no BCE. Ademais, hai dous programas regulares: o Programa de Prácticas de Investigación BCE para estudantes, ofrecido pola Dirección Xeral de Investigación ( DG- R) e o Programa de Prácticas en Estatística do BCE, que ofrece a Dirección Xeral de Estatística ( DG- S).
Requisitos para participar:
-Ter polo menos 18 anos e falar inglés fluído, ademais doutro idioma oficial da UE.
-Ser nacional dun Estado membro da UE ou dun país adherido.
-Completar polo menos unha cualificación de primeiro ciclo (licenciatura/grao).
-Ter experiencia profesional máxima de 12 meses.
-Non ser bolseiro por un período superior a 6 meses.
-Non ser bolseiro do BCE nin traballar para o BCE.
LIGAZÓNS EXTERNAS: