A Fundación ”La Caixa” convoca 15 bolsas postdoutorais de tres anos de duración para a contratación de investigadores para levar a cabo a súa actividade investigadora en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal. A investigación deberase realizar nas áreas das ciencias da saúde e a vida, a tecnoloxía, a física, a enxeñería e as matemáticas.
Requisitos:
Persoas que acabasen o doutoramento entre os dous e os sete anos anteriores á data de peche da convocatoria, sempre que, ademais, cumpran os requirimentos de mobilidade entre países.
Poderanse presentar solicitudes ata o 7 de outubro.
https://fundacionlacaixa.org/es/becas-la-caixa-posdoctorado-junior-leader-retaining