Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

ESTÁS A COBRAR UNHA PRESTACIÓN DO SEPE? ESTA INFORMACIÓN É MOI IMPORTANTE

MOI IMPORTANTE: Finalizan as medidas extraordinarias postas en marcha pola COVID-19.

O 20 de xullo cumpriuse un mes do fin do estado de alarma. Como consecuencia diso desde o 21 de xullo FINALIZAN OS PRAZOS PARA AS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS en materia de traballo adoptadas fronte á COVID-19.

- Desta forma para partir do 21 de xullo xa NON SE PODERÁ SOLICITAR O SUBSIDIO EXTRAORDINARIO PARA PERSOAS EMPREGADAS DO FOGAR e o SUBSIDIO EXCEPCIONAL DE FIN DE CONTRATO TEMPORAL.

Podes comprobar o estado da túa prestación a través do seguinte enlace: https://sede.sepe.gob.es/ConsultaPrestacionesAAWWeb/AccesoConsultaAction.do

- Así mesmo o PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE PRESTACIÓN POR DESEMPREGO VOLVE SER DE 15 DIAS HÁBILES. Fóra deste prazo implicará a redución da duración do tempo da prestación.

Lembra! Cada vez que te des de baixa por colocación, debes comunicalo ao SEPE para que suspenda a túa prestación ou subsidio. Podes facelo directamente a través de internet sen certificado dixital, a través do FORMULARIO DE PRE-SOLICITUDE: aquí

Tamén o podes facer solicitando cita co SEPE: aquí

- Se xa é PERCEPTOR/A DE SUBSIDIOS POR DESEMPREGO, lembra que deberás de SOLICITAR A PRÓRROGA DE SUBSIDIO AOS SEIS MESES, se se cumpriron estos seis meses durante a vixencia do estado de alarma, TES QUE SOLICITAR A PRÓRROGA XA. 

Se tes CERTIFICADO DIXITAL, DNI ELECTRÓNICO ou SISTEMA cl@ve podes facelo a través do seguinte enlace se non o tes, tes que pedir cita para ser atendido/a presencialmente nunha oficina: aquí

- Se é PERCEPTOR/A DE SUBSIDIO PARA TRABALLADORES/AS MAIORES DE 52 ANOS, deberás PRESENTAR A DECLARACIÓN ANUAL DE RENDAS (DAR) canto antes.

Para presentar a declaración anual de rentas para maiores de 52 anos con CERTIFICADO DIXITAL, DNI ELECTRÓNICO OU SISTEMA CL@VE: https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=/sede/procedimientos_servicios/ciudadanos/declaracion_rentas_52.html

Se non dispós de ningún destos medios tes que pedir cita para ser atendido/a presencialmente nunha oficina:aquí

Lembra!!! ATA O VINDEIRO 30 DE SETEMBRO NON TES QUE SELAR A TÚA DEMANDA XA QUE A MESMA SERÁ RENOVADA DE OFICIO POLOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. 

Se tes dificultades para facer calquera destas xestións, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man, podes chamarnos en horario de 9.00 a 14.00 horas ao tetéfono 986 677 740 ou pasarte polas dependencias municipais nese mesmo horario, estamos no primeiro andar!!