Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 16 Xullo 2020 08:41

CONVOCATORIA DE PRÁCTICAS NO CENTRO EUROPEO DE LINGUAS MODERNAS (AUSTRIA)

O centro, organismo do Consello de Europa, ofrece a posibilidade nesta ocasión de realizar as prácticas en catro áreas, que se corresponden coa páxina web, xestión loxística, documentación e finanzas e administración xeral.

  • Páxina web

En concreto, en relación ao campo da páxina web do ECML, a persoa que faga as prácticas terá a ocasión de participar na actualización da información, ademais de encargarse de comprobar o seu rigor e precisión.

  • Xestión loxística

No caso da xestión loxística, as funcións céntranse en facilitar a comunicación entre o asistente e o secretario do programa, coordinadores e participantes, tendo que asumir a responsabilidade dos detalles prácticos durante a celebración e desenvolvemento de talleres e reunións.

  • Documentación

A xestión do arquivo e a preparación do material necesario para realizar actividades diarias son os principais labores daquelas persoas que fagan as prácticas na área de documentación, xa que completarán o equipo do Centro de Documentación e Recursos.
Finanzas e administración

Nas finanzas e administración xeral, como o seu nome indica, unha parte importante das funcións é a xestión económica, aínda que tamén de deberán desempeñar outros labores como o rexistro de correos, a preparación de correo a Estrasburgo, ingresos de datos bancarios na base de datos do centro ou a preparación dunha guía de capacitación, entre outras tarefas.

Requisitos

É unha experiencia profesional que está aberta a aquelas persoas que residan nun Estado membro nos que traballa o centro, ademais de ter un título de Grao ou equivalente. Tamén é preciso ter un bo dominio de inglés ou francés, que son os idiomas nos que hai que traballar.

Ademais, valórase que os candidatos teñan espírito de equipo –trabállase nunha contorna internacional- e flexibilidade, á parte de estar interesados nas actividades que se realizan neste centro.

As persoas que cumpran os requisitos poden presentar xa a súa solicitude ata o próximo día 31 de agosto a través do formulario na súa web para o período de prácticas que levará a cabo durante seis meses que, nesta convocatoria, comprende de xaneiro a xuño de 2021.

Durante este período, recibirase a cantidade de 720 euros mensuais. Un dato importante é que o centro detrae a cantidade de 20 euros para o pago do seguro durante a estancia. Ademais, non se conceden contías para facer fronte aos gastos da viaxe.

SOLICITUDE