Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 13 Xullo 2020 07:25

CONVOCATORIA ORDINARIA PARA A OBTENCIÓN DA AVALIACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN DO PROFESORADO POLAS UNIVERSIDADES GALEGAS

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2020 (código de procedemento ED702B).

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe da ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200713/AnuncioO601-010720-0001_gl.pdf