Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 01 Xullo 2020 07:50

CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS E AS EMPRESAS AFECTADAS POR EXPEDIENTES DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR820F).

Obxecto
A presente orde ter por obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución da xornada, así como axudar as empresas afectadas no relativo á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTE, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedimiento TR820F).

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se trate de persoas traballadoras afectadas por un ou varios expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción (ERTE ETOP), en que a decisión empresarial sobre a suspensión ou redución da xornada tras a finalización do período de consultas fose comunicada á autoridade laboral competente ou en virtude de resolución xudicial adoptada no seo dun procedemento concursal.
Requírese que o período de consultas ou ben o procedemento de mediación que sexa de aplicación no ámbito da empresa conclúa con acordo entre as partes.

*IMPORTANTE: A SITUACIÓN DE ERTE ETOP TEN QUE TER TIDO LUGAR ENTRE O 1 DE XULLO E O 31 DE OUTUBRO DE 2021.

b) Que o/os expediente/s de regulación temporal de emprego afecten, dentro do período subvencionable, un máximo de 300 persoas traballadoras por centro de traballo da empresa radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que as suspensións de contratos de traballo ou reducións da xornada se fixesen efectivas ao longo do período subvencionable a que se fai extensiva á axuda e que será o establecido na respectiva convocatoria.
d) Que os ingresos brutos mensuais das persoas traballadoras, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen 2.500 euros ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.
e) Que no caso de ERTE de suspensión, teña unha duración de, polo menos, 25 días dentro do período subvencionable. Nos supostos de ERTE de redución de xornada, a duración mínima para poder acceder á axuda será o equivalente a 25 xornadas completas dentro do referido período subvencionable. A duración máxima será de 180 xornadas de suspensión/redución dentro do período subvencionable por persoa traballadora.

Tamén poderán ser beneficiarias todas aquelas empresas que conten con persoas traballadoras afectadas por ERTE de suspensión de contratos ou redución de xornada que cumpran os requisitos establecidos no anterior punto; poderanse compensar os custos derivados da formación do dito persoal, sempre que as ditas empresas cumpran cos requisitos seguintes:
a) As empresas afectadas deberán ter pactado, formando parte do plan de acompañamento social, un plan de formación coa representación legal das persoas traballadoras ou, de ser o caso, coa comisión negociadora do ERTE.
b) O plan de formación deberá executarse durante a duración do/dos ERTE de suspensión/redución e deberán desenvolverse accións formativas vinculadas á actividade profesional das persoas traballadoras afectadas, co obxecto de incrementar a súa empregabilidade e adaptación ao ámbito dixital. A duración do plan formativo poderá ser a mesma que a pactada para o ERTE. A formación poderá ser presencial ou en liña.

Contía:
No caso das axudas para compensar a perda do poder adquisitivo ás persoas traballadoras afectadas polos ERTE:
A contía da axuda fixarase en 12 ou 15 euros por xornada completa efectiva de suspensión/redución de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora, de acordo coa seguinte escala:
a) Para bases de cotización de ata 1.900 euros, unha axuda de 15 euros por cada xornada completa de suspensión.
b) Para bases de cotización superiores a 1.900 euros unha axuda de 12 euros por cada xornada completa de suspensión.
Esta contía entenderase para persoas traballadoras que teñan contrato de traballo a xornada completa. No suposto de persoas traballadoras con contrato a tempo parcial, as bases de cotización entenderanse reducidas proporcionalmente, dando lugar á redución proporcional da contía da axuda.

Terá igual consideración para o suposto de que a persoa traballadora desempeñe a súa actividade conforme unha distribución irregular da súa xornada ao longo do ano, se esta for a tempo parcial; neste suposto, para os efectos de determinar o importe da axuda que se concederá, será necesario que no acordo entre as partes conste o número de horas/día a que equivale a xornada irregularmente distribuída ao longo do ano realizada pola persoa
traballadora. Este dato deberá facerse constar no certificado do período de suspensión que deberá cubrir a empresa e que xuntará á solicitude da axuda.

Nos supostos de ERTE de redución de xornada o certificado aludido no parágrafo anterior, para os efectos de cuantificar a axuda que se concederá, establecerá o número de horas de redución e a porcentaxe que estas supoñen respecto á xornada habitual da persoa traballadora.

No caso das axudas ás empresas afectadas polos ERTE para compensar os custos do plan de formación realizarase de acordo coa seguinte clasificación:
a) Nivel de formación básico (sobre materias transversais ou xenéricas que capaciten para desenvolver competencias e cualificacións básicas): 7,50 euros/hora.
b) Nivel de formación medio-superior (sobre materias que impliquen especialización e/ou capaciten para desenvolver competencias de programación e/ou dirección, ou outras): 9 euros/hora.
O cálculo da subvención correspondente aos custos de formación realizarase de acordo coa seguinte fórmula: nº de horas de formación subvencionable × importe/hora × número de alumnos.
O custo máximo que se aboará por este concepto para unha mesma empresa afectada polo respectivo ERTE non poderá superar 50.000 euros para o conxunto de accións formativas desenvolvidas nesta convocatoria.

Teranse en conta as adaptacións das condicións de accesibilidade á formación para facilitar a participación das persoas con discapacidade.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, xunto coa convocatoria do ano 2020, e permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2020, agás o suposto establecido no artigo 9.1, en
que se permitirá ata o 10 de novembro de 2020.

BASES