CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ORDE do 16 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2020 (código de procedemento CT143A).
Beneficiarias
Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Obxecto e finalidade
Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Contía
Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000 €).
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2020. Con todo, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200629/AnuncioG0535-160620-0001_gl.pdf