Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 25 Xuño 2020 08:02

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DENTRO DO PROGRAMA "EMPLEAVERDE"

O Boletín Oficial do Estado do 24 de xuño publica un extracto da Resolución do 19 de xuño de 2020 da Dirección da Fundación Biodiversidade F. S. P., pola que se adapta a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de mellora de competencias para persoas traballadoras no marco do Programa Empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo en 2020 para contribuír a superar a crise xerada polo COVID-19.

En concreto adáptase o texto da convocatoria cuxo obxecto se focaliza na mellora de competencias e cualificaciones de persoas traballadoras en temas de sustentabilidade, o que contribuirá a afrontar grandes retos actuais como a crise xerada polo COVID-19, a perda de biodiversidade, o cambio climático e o despoboamento, impulsando a construción de futuro máis resiliente e sostible.

Tamén se determina un novo prazo para a presentación de solicitudes que se estenderá ata o día 15 de decembro de 2020 ás 14 horas (hora peninsular) para a convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de mellora de competencias para persoas traballadoras no marco do Programa Empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo en 2020.

Toda a información: aquí

BOE