Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 25 Xuño 2020 06:13

CONVOCATORIA DE AXUDAS AOS PROXECTOS DE EMPRESAS GALEGAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG524D).

Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivarse do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
2.1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo, tales como:
• Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
• Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de seguridade interpersoal.
• Dispositivos de control de capacidade e de sistemas de contaxe de clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
• Dispositivos de control de temperatura.
• Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar a protección dos empregados e clientes.

2.2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
• Portas de apertura automática.
• Instalación de puntos de autopago.
• Sensores de luz.
• Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.

2.3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal
que sexa adecuada á específica actividade que se desenvolve na empresa. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións contempladas nesta epígrafe.

2.4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

2.5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este punto non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos
de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar, unicamente, de actuación recollidas nesta epígrafe.

2.6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento.

2.7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento.

2.8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

2.9. Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.

2.10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Todos os equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a fabricación de equipamentos de protección individual, material sanitario e outros produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía orientativa desta normativa está dispoñible en: https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto.

Contía da axuda
Para as pemes adicadas a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I; que empreguen menos de 10 traballadores, e con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros. Estas pemes tamén poderán optar pola modalidade de axuda descrita no parágrafo
seguinte, renunciando expresamente ás previstas neste parágrafo.

Para o resto das empresas beneficiarias, previstas na presente orde, a contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 3.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

BASES