Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 23 Xuño 2020 06:22

CONVOCATORIA DAS AXUDAS DESTINADAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS CON 55 OU MÁIS ANOS DE IDADE POLA EXTINCIÓN DOS SEUS CONTRATOS DE TRABALLO POR PROCEDEREN DE EMPRESAS EN CRISE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 9 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se regulan as axudas destinadas ás persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen de empresas en crise, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR820E).

  • Programa I. Axudas destinadas a financiar as cotas que ingresarán polo convenio especial que teñan subscrito ou subscriban coa Seguridade Social.
  • Programa II. Axudas de pagamento único dirixidas a compensar as persoas traballadoras da diminución do importe da indemnización recoñecida como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor daquelas, a causa dos referidos despedimentos ou extincións de contratos, cando esta é aboada polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), xa que nestes supostos a indemnización está sometida aos límites establecidos no artigo 33.2 e 33.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

A contía mensual será o importe da cota que cómpre aboar por convenio especial á Tesouraría Xeral da Seguridade Social co límite de 500 euros/mes, sendo o límite total da axuda 6.000 euros.

A duración da axuda será como máximo de 12 mensualidades consecutivas, dentro do período subvencionable que se estableza na convocatoria correspondente.
O cómputo do período de 12 mensualidades comezará a contar coa primeira mensualidade que sexa obxecto de axuda e en ningún caso poderá interromperse.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde, xunto coa convocatoria do ano 2020, e permanecerá aberto, con carácter permanente, ata o 31 de outubro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200623/AnuncioG0424-110620-0003_gl.pdf