Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 22 Xuño 2020 06:15

XUNTA DE GALICIA CONVOCA PRAZAS DE RESIDENCIA PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 5 de xuño de 2020 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2020/21 (código de procedemento ED308A).

O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro residencial docente da Coruña: 18 prazas.
Centro residencial docente de Ourense: 6 prazas.
Centro residencial docente de Vigo: 6 prazas.
A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos feitos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2020.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.

A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teña que realizar o devandito labor de apoio.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200622/AnuncioG0534-120620-0001_gl.pdf