Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 19 Xuño 2020 07:22

CONVOCATORIA DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DOS COMERCIOS RETALLISTAS PARA CONTRIBUIR Á REACTIVACIÓN DO COMERCIO GALEGO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
a) Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial.
b) A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación.
c) A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes.
d) A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
e) A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica.
f) A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.
g) Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento comercial.
h) De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200619/AnuncioO92-110620-0004_gl.pdf