Persoas beneficiarias.
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas as persoas tituladas universitarias superiores (grao universitario) nas áreas de coñecemento correspondentes ás distintas modalidades das bolsas descritas no apartado Primeiro da Resolución de convocatoria. A titulación requirida debe de obterse nos catro anos anteriores á publicación da convocatoria, ou ben atopase o solicitante en condicións de obtela antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
Modalidades das bolsas
Graduados en Economía ou Empresa, sede de Madrid: 4 bolsas
Graduados en Economía ou Empresa, sede de Barcelona: 1 bolsa.
Graduados en Dereito, sede de Madrid: 4 bolsas
Graduados en Dereito, sede de Barcelona: 1 bolsa
Graduados en Enxeñería, sede de Madrid: 2 bolsas.
Graduados en Enxeñería, sede de Barcelona: 1 bolsa.
Graduados en Xornalismo, sede de Madrid: 1 bolsa
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 (quince) días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado (11/06/2020)