Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 15 Xuño 2020 07:07

PARLAMENTO DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN

PARLAMENTO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020 pola que se anuncian a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración laboral.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamentodegalicia.gal/).

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200615/AnuncioO900-050620-0004_gl.pdf