MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 2030
Resolución do 5 de xuño de 2020 da Dirección Xeral do Instituto da Mocidade pola que se convocan as Axudas Injuve para a Creación Nova 2020/2021.
Persoas beneficiarias:
Persoas físicas e xurídicas, maiores de idade, de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Produción de obra e Movilidad de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala Amadís do Instituto da Mocidade, o día 31 de decembro do ano 2020, e que se atopen na situación que fundamente a concesión das axudas, sempre que cumpran os requisitos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
O obxecto da presente convocatoria é favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2021 no ámbito das artes visuais, escénicas, música, literatura, así como no deseño e o cómic e ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Movilidad de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala Amadís do Instituto da Mocidade.
A contía individualizada das axudas será de 5.000€ para os proxectos de produción
de obra e de mobilidade de obra ou creadores, de 10.000€ para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e de 7.000€ para os
proxectos da Sala Amadís, con independencia do custo total estimado do proxecto para desenvolver.
Prazo de presentación de solicitudes:
Vinte días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.
https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/12/pdfs/BOE-B-2020-16302.pdf