Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 12 Xuño 2020 07:47

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO PARA A LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES PROFESIONAIS , EN ESPECIAL AS DERIVADAS DA EXPOSICIÓN AO PÓ E AO RUÍDO NO SECTOR MINEIRO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317A).

Entidades beneficiarias
Empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.

Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Serán subvencionables dúas liñas de actuación:

Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.

Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

Financiamento e intensidade das axudas
Destinarase o 50 % do crédito consignado para estas subvencións para as axudas da liña A e o 50 % para as axudas da liña B.
Unha vez finalizado o prazo de presentación e atendidas todas as solicitudes presentadas para unha das liñas de axudas (A ou B), o crédito sobrante destinarase a atender solicitudes que reúnan os requisitos da outra liña de axuda.

A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña A nesta convocatoria non excederá o 60 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 50 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 40 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 300.000,00 euros.

A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña B nesta convocatoria non excederá o 70 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 60 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 50 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 200.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o décimo día hábil posterior a aquel no que se publique esta orde no DOG e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo.

BASES