Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 12 Xuño 2020 07:30

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO , COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CONCILIACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se
convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI440A).

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas, que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan os requisitos establecidos nas bases.

A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante, de acordo cos seguintes tramos:
a) Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5 % e ata o 25 % dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 1.700 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 2.000 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 2.300 euros.

b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 25 % e ata o 37,50 % dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 2.800 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.100 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.

c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50 % e ata o 50 % ou máis dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 3.100 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.700 euros.

Para o cómputo do número de fillos e fillas, teranse en conta unicamente os fillos e fillas menores de 12 anos, incluídos aqueles polos que se solicita a redución de xornada.

A contía da axuda reduciranse proporcionalmente cando o período subvencionable sexa inferior a 8 meses.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

BASES