Para o desenvolvemento deste plan a Deputación contará coa colaboración dos Concellos de menos de 50.000 habitantes, das empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, que xunto coa Deputación no programa propio, son as que realizarán a contratación dos titulados que resulten seleccionados.
A experiencia laboral adquirirase mediante a formalización de contratos laborais en prácticas, que se concertarán, segundo o programa, entre:
a) A Deputación e as persoas tituladas seleccionadas no respectivo programa.
b) Os concellos e as persoas tituladas seleccionadas no respectivo programa.
c) As empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra e as persoas tituladas seleccionadas nos respectivos programas.
FINALIDADE DO PLAN
Este plan ten por obxecto facilitar que aqueles/as titulados/as universitarios/as e de ciclos superiores poidan acceder dentro da provincia a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudios cursados, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado laboral.
PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS
Os/as destinatarios/as das axudas serán os titulados e tituladas da provincia de Pontevedra que ao abeiro deste programa decidan acollerse ás diferentes convocatorias que se realicen desde a Deputación de Pontevedra.
A concesión destas axudas estará suxeita ós seguintes límites:
a) Limite temporal: Os contratos en prácticas serán subvencionados por un período de seis meses, podéndose ampliar o período subvencionable por outros seis meses máis, suxeitos a dispoñibilidade orzamentaria.
b) Límite cuantitativo: Os contratos en prácticas serán subvencionados polos importes que se sinalarán en cada programa de actuación.
Toda a información aquí