Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 11 Xuño 2020 07:32

CONCELLO DE FORCAREI SELECCIONA 7 PERSOAS PARA A BRIGADA LOCAL CONTRAINCENDIOS

As contratacións para a brigada de vixilancia, prevención e defensa contra incendios forestais serán temporais -durante os tres meses que durará a campaña contraincendios- e a xornada completa, incluíndo tanto fins de semana como días festivos.

As persoas interesadas en acceder a algún dos sete postos de traballo poderán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello de Forcarei desde mañá xoves e durante cinco días naturais, co que o prazo de presentación concluirá o vindeiro luns, día 15.

As cantidades brutas a percibir serán 1.466 euros mensuais no caso dos peóns e 1.610,57 no caso do encargado.

Os soldos brutos dos/as condutores/as de vehículos motobomba serán de 1.579,89 euros.

As bases íntegras da convocatoria pódense consultar na páxina web do Concello: www.forcarei.net e na sede electrónica http://forcarei.sedelectronia.gal.