Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 11 Xuño 2020 07:08

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS Á COLOCACIÓN DE ANTEPAROS NOS VEHÍCULOS DEDICADOS A ACTIVIDADES DE TAXI E ALUGAMENTO CON CONDUTOR/A

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á instalación de anteparos nos vehículos dedicados ás actividades de taxi e de alugamento con condutor, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IF311A).

Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de anteparos para vehículos taxi e vehículos de alugamento con condutor.

Só será subvencionable un anteparo por cada autorización de transporte público interurbano en vehículos de turismo taxi ou de alugamento con condutor.

Os anteparos obxecto da subvención configúranse como un elemento de protección fronte ao COVID-19, debendo consistir nun elemento non permanente e que resulte doado desmontar, de carácter transparente, e que permitirá separar a fila de prazas dianteiras, en que se sitúa a persoa condutora, do resto de filas de asentos do vehículo.

Os elementos que se instalen deberán cumprir as recomendacións que, en canto á súa aptitude como elemento de protección fronte ao COVID-19, diten as autoridades sanitarias, así como os requisitos establecidos para a súa instalación polos órganos competentes en materia de industria.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC, en ambos os casos domiciliadas en Galicia e expedidas polos servizos de mobilidade competentes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2020.

BASES