Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 08 Xuño 2020 06:57

CONCELLO DE PONTEVEDRA CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS E POSTOS DE XESTOR DE CONTIDOS E SOPORTE DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Obxecto da convocatoria

A formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas e postos xestor/a de contidos e soporte de administración electrónica, encadrados dentro da subescala servizos especiais, da escala de administración especial e integradas dentro do grupo C, subgrupo C1.

O sistema de selección é o de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria xunto coas presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/06/08/2020024096