Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 02 Xuño 2020 10:20

UNIVERSIDADE DE VIGO CONVOCA AXUDAS URXENTES E EXCEPCIONAIS PARA O SEU ALUMNADO

O obxecto das axudas é atender as necesidades do alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos universitarios oficiais de Grao, Máster e Doutoramento, afectado pola consecuencias económicas da declaración do estado de alarma que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Pode solicitar axuda o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado/a en titulacións de Grao, Máster e Doutoramento da Universidade de Vigo no momento da declaración do estado de alarma.
- Atoparse algún membro da unidade familiar nalgunha das seguintes situacións:
- Estar en situación de desemprego ou de Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) como consecuencia directa do COVID-19.
- Ser traballador/a por conta allea e ter reducido a xornada laboral por coidados como consecuencia directa do COVID-19.
- Ser traballador/a por conta propia e ter concedida a prestación extraordinaria por cese de actividade.
- Ser traballador/a do fogar e ter concedido o subsidio extraordinario por falta de actividade.

Prazo: 19 de xuño de 2020

Información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/512