Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 02 Xuño 2020 07:30

IGAPE CONVOCA O CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA DIRIXIDO A ESTUDANTES DE FP, ENSINANZAS DEPORTIVAS OU DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2020, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A)

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2019/20 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
c) As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009.

Modalidades e características dos premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES