Unha bolsa que inclúe a matrícula completa dun máster en Pequín, aloxamento, seguro médico, desprazamentos, material de estudo, portátil, Smartphone e unha dotación mensual de máis de 3.000 euros.
O período de solicitude para formar parte do programa estará aberto ata o 22 de setembro de 2020. As persoas candidatas deben incluír os seus expedientes académicos, ensaios e cartas de recomendación, e un vídeo opcionalmente.
Os/as candidatos/as deben ter entre 18 e 29 anos. Para acceder ao programa valorarase, especialmente, o currículo académico e a capacidade de liderado. Así mesmo, esíxese un correcto dominio do idioma inglés. O obxectivo é que o 40% dos alumnos deste programa de bolsas proveña de EE. UU., o 20% de China e o outro 40% do resto do mundo.