Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 27 Mai 2020 07:06

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL CONVOCA AS AXUDAS Á APICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
ORDE do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2 da orde:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, de 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para ser beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES