Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 26 Mai 2020 10:05

BANCO CENTRAL EUROPEO CONVOCA PRÁCTICAS EN FRANKFURT

O Banco Central Europeo ofrece oportunidades de prácticas a estudantes de economía, estatísticas financeiras, administración de empresas, dereito, etc. As prácticas teñen unha duración de 3 a 12 meses. Está previsto que os bolseiros se incorporen ás prácticas a partir de setembro de 2020.

As prácticas contan cunha dotación mensual de 1.070 euros. Ademais dunha asignación para cubrir os gastos de aloxamento.

Requisitos:

  • Ser nacional dun Estado membro da EU ou dun país en vías de adhesión.
  • Ter un título universitario (ou estudos en curso nunha etapa avanzada) en economía, ciencias políticas, estudos europeos, dereito, administración de empresas, finanzas, estatísticas, matemáticas, tecnoloxía da información ou outra disciplina relevante.
  • Ter un bo coñecemento de inglés.
  • Ter un bo coñecemento dun segundo idioma oficial da UE.
  • Ter un máximo de 12 meses de experiencia profesional.
  • Non ser bolseiro ou traballar con anterioridade no Banco Central Europeo.

O prazo para solicitar esta convocatoria finaliza o día 4 de xuño de 2020.

Máis información aquí

BANCO CENTRAL EUROPEO