As bolsas Schuman son remuneradas e poden gozarse nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo (Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo) ou nas súas oficinas de ligazón nos Estados membros. As prácticas teñen unha duración de 5 meses.
Unha bolsa Schuman permitirache completar a túa educación e a túa formación profesional. Permitirache coñecer desde dentro o traballo das institucións da Unión Europea e o Parlamento Europeo, foro fundamental para a adopción de decisións e o debate político ao nivel da Unión.
Os períodos de prácticas Schuman poden levar a cabo en multitude de ámbitos, como as políticas interiores e exteriores da Unión, as finanzas, o Dereito, o multilingüismo, a administración, as infraestruturas e a loxística, as comunicacións ou as tecnoloxías da información.
Requisitos:
- Ser maior de 18 anos.
- Posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país candidato ou en vías de adhesión (tamén pode ofrecerse un número moi reducido de períodos de prácticas a nacionais doutros países).
- Posuír un título universitario.
- Ter un profundo coñecemento dunha das linguas oficiais da UE e moi bo coñecemento doutra delas (os cidadáns de terceiros Estados deberán ter moi bo coñecemento do inglés, do francés ou do alemán).
- Achegar un certificado de antecedentes penais válido.
- Non gozar de ningunha bolsa por máis de dous meses consecutivos nunha institución, organismo ou axencia da Unión Europea.
- Non realizar unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo no seis meses anteriores ao comezo do período de prácticas.
Hai dous períodos de prácticas:
1 de outubro - 28/29 de febreiro: o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 1 e o 30 de xuño.
1 de marzo - 31 de xullo: o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 1 e o 30 de novembro.
Máis información:
PRÁCTICAS NO PARLAMENTO EUROPEO