Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 25 Mai 2020 06:58

XUNTA DE GALICIA SELECCIONA ENTIDADES COLABORADORAS PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución, e
proceder á convocatoria para a anualidade 2020.

As solicitudes de adhesión serán presentadas pola entidade colaboradora interesada segundo o formulario normalizado anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do formulario normalizado no anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xullo de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 1 e o día 2 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 2 e rematará o 30 de setembro de 2020 ou cando se esgoten os fondos.

Actuación 1. Plan Renove de electrodomésticos

Electrodomésticos subvencionables
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A+++
Conxelador con clasificación enerxética A+++
Lavadora A+++
Lavalouza A+++
Placas de indución total

Actuación 2. Instalacións domóticas enerxéticas

Instalacións domóticas subvencionables
Monitorización térmica da vivenda (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radon e termóstatos comunicados cun equipamento centralizado)
Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos e fotocélulas comunicados cun equipamento centralizado).

Poderán ser entidades colaboradoras:
1º. Para a actuación 1: todos aqueles establecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venda de electrodomésticos e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nunha ou varias das epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro:
– Epígrafe 653.2. Comercio ao retallo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica
– Epígrafe 661.1. Comercio en grandes almacenes, que ofrecen un conxunto amplo e, en xeral, profundo, de varias gamas de produtos.
– Epígrafe 661.2. Comercio en hipermercados, establecementos que ofrecen principalmente en autoservizo un amplo conxunto de produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda.
– Epígrafe 662.1. Comercio ao retallo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.
– Epígrafe 662.2. Comercio ao retallo de toda clase de artigos, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

2º. Para a actuación 2, as empresas con actividade de instalación de baixa tensión, de instalacións térmicas ou empresas provedoras de solucións tecnolóxicas, indistintamente.
Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A), como empresas de instalacións térmicas en edificios (código de procedemento IN609E) ou presentar un CNAE 2009 (ou imposto de actividades económicas, IAE) relacionado coas solucións tecnolóxicas.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

BASES