Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 21 Mai 2020 11:42

CONVOCAN BOLSAS DE FORMACIÓN CONTRA O CANCRO

O Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas ( CNIO) abriu a convocatoria para optar a sete bolsas co fin de facilitar que os/as mozos/as poidan investigar en torno ao cancro.

As persoas seleccionadas terán a oportunidade de realizar unha estancia postdoutoral cun contrato a tempo completo durante dous anos nun centro referente e situado na vangarda da investigación do cancro a nivel mundial.

A convocatoria está dirixida a aquelas que obtivesen o título de doutor/a con posterioridade a xaneiro de 2012 e publicasen, polo menos, un artigo como primeiro/a autor/a nunha revista científica indexada dentro do campo da Medicina e Ciencias da Vida.

As persoas que cumpran os requisitos poden presentar a súa solicitude online ata o 15 de xullo de 2020, tendo que entregar o formulario en inglés xunto co currículo, que non debe superar as cinco páxinas, dúas cartas de referencia e unha de motivación. Tamén hai que achegar un vídeo dun minuto en inglés, explicando os intereses científicos e as razóns polas que se quere conseguir unha destas bolsas, entre outra documentación requirida.

INFORMACIÓN E SOLICITUDE