Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 19 Mai 2020 11:40

QUERES FACER PRÁCTICAS NA FUNDACIÓN EUROPEA DE FORMACIÓN (TURÍN)?

A Fundación Europea de Formación (ETF, polas súas siglas en inglés) lanzou unha convocatoria de prácticas en Turín para mozos/as interesados/as en educación, formación e emprego que queiran iniciar a súa carreira profesional nunha prestixiosa axencia da UE. As prácticas teñen unha duración de 6 meses prorrogables (máximo 12 meses). Está previsto que as persoas bolseiras se incorporen ás prácticas entre setembro 2020 e xaneiro 2021.

A Fundación Europea de Formación é a Axencia da UE que presta apoio aos países veciños co fin de reformar os seus sistemas de educación, formación e mercado de traballo.

As prácticas contan cunha dotación mensual de 1.100 euros. Ademais, cobre os gastos de viaxe ao principio e final do período de prácticas.

Requisitos:

  • Nacionalidade de calquera Estado membro da UE ou dun dos 29 países nos que traballa a ETF.
  • Ven de rematar estudos universitarios recentemente, dentro dos 2 anos da data límite para as solicitudes.
  • Ter un bo coñecemento de inglés (mínimo B2).
  • Non se admitirán solicitudes de persoas que recibisen algún tipo de aprendizaxe ou formación en prácticas en calquera das institucións ou órganos da UE.

O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o día 24 de maio de 2020.

Máis información:

FUNDACIÓN EUROPEA DE FORMACIÓN

PRÁCTICAS

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS EN ORGANIZACIÓNS DA UNIÓN EUROPEA