Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 19 Mai 2020 11:20

XUNTA DE GALICIA CONVOCA LIÑA DE AXUDAS DE REORGANIZACIÓN DA PRODUCIÓN PARA A FABRICACIÓN DE MATERIAL SANITARIO E DE PROTECCIÓN

A Xunta mantén activa a liña de axudas posta en marcha o mes pasado para impulsar que as empresas galegas poidan reorganizar a súa produción cara a fabricación urxente de material sanitario e de protección ante o Covid-19.

O Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material de protección, que coordina a produción en Galicia deste tipo de bens necesarios, leva aprobados polo de agora 14 proxectos de pemes que mobilizarán máis de 1 millón de euros. A Administración autonómica achegará ao redor do 70 por cento dos investimentos realizados, preto de 750.000 euros. Catro destes proxectos van dirixidos á fabricación de máscaras, o que permitirá dispoñer de 300.000 unidades diarias na Comunidade. Outros produtos que se van fabricar son pantallas protectoras, mamparas, xeles e solucións desinfectantes, biocidas ou sistemas de control de temperatura.

Trátase das primeiras iniciativas que concorren a esta liña de financiamento dotada con 2,5 millóns de euros e cofinanciada a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. As axudas achegadas poden acadar ata 100.000 € en concorrencia non competitiva.

Como recolle hoxe o DOG, o prazo de entrega da primeira remesa do material producido amplíase ata o 30 de outubro.


Máis información: AQUÍ

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47